Máis de 1.000 escolares (de 11 centros educativos vigueses) foron ver os espectáculos da Tropa de Trapo no Auditorio do Concello.

 

O 8 de novembro (ás 10 e ás 12h), Antía, Wamba e o ritmo do camiño, para primeiro e segundo ciclos de Primaria

O 9 de novembro (ás 10 e ás 12h), Ti tamén contas, para segundo e terceiro ciclos de Primaria

E o 10 de novembro (ás 10 e ás 12h), Ti tamén contas, para 4º ESO en adiante

 

En todos eles as historias serven, coma sempre, para pasar un bo rato pero tamén axúdannos a revisar a nosa mirada ao mundo, ás tradicións, aos obxectos cotiás… e fannos pensar como poden cambiar na medida que nós cambiemos a nosa formar de miralos, descubrindo outras realidades ás veces non tan alonxadas.

Aquí tendes algunhas fotos:

Deixa unha resposta