Máis contos… no CEIP Paraixal

Etiquetas:

Categorias: Centros participantes,Contacontos,EVENTOS,NOVAS DE INTERESE,XENTE CON PEGADA

Hoxe no CEIP Paraixal a sesión de contos de Bea Campos incluíu algunha novidade…

Ademais dos xa sabidos Pequeno Azul e Pequeno Amarelo, Xaime e as landras, e O poliño da abeleira, Bea tivo tempo de contar tamén outra historia con pegada: Bailar nas Nubes. 

Un conto que, a través do soño dunha nena que desexa bailar coas nubes, reflexiona sobre a importancia do intercambio cultural e o respecto entre persoas de diferentes procedencias, contando a historia dun pobo que va crecendo co paso do tempo, con novos habitantes que constrúen os seus fogares e comparten experiencias colectivamente…

 

Deixa unha resposta