“Las Crepes de Mamá Panya”, un conto para desfrutar

Etiquetas:

Categorias: Centros participantes,Contacontos como recurso na EpD,EVENTOS,XENTE CON PEGADA

Mamá Panya quere facer filloas…, pero Adika quere invitar a cear a todos os seus amigos. A todos eles lles fai moita ilusións o convite, pero Mamá Panya está preocupada.Poderá facer suficientes filloas para todos?

Na cultura dos pobos de África, como é esta comunidade rural de Kenya que conta con moi poucos bens materiais, compartir é fundamental para asegurar a subsistencia.

Así, a mamá desta historia decide preparar unhas filloas e compra un pouco de fariña co seu escaso diñeiro, pero o seu fillo invita un montón de amigos sen saber se a fariña chegará para todos. A cea resultará estupenda, pois todos chegan con pequenas achegas de comida que farán que o encontro resulte delicioso.

Unha historia preciosa que tamén achega información sobre a xeografía de Kenya, os seus animais e plantas e a lingua que se fala.

Tralo curso sobre os contos, os mestres e mestras xa están a sacar partido dos contos coma ferramenta no traballo na aula. Como exemplo, Irene Miñambres, do CEIP Serra-Vincios, escolleu o conto “Las crepes de Mamá Panya”, editado por Intermón Oxfam, para traballar…

– A lectura, comprensión e valores do texto (lectura en voz alta, comprensión lectora, debate)
– A situación de Kenya no mapamundi (busca a través da Web)
– Algúns datos relevantes do país a través da Web (número de habitantes, raza, relixión, comidas típicas -xa que o proxecto do cole é a gastronomía) para facer un pequeno mural de clase
– A descrición de persoas (o adxectivo, os sinónimos e o texto descritivo). Describimos a Adika, a un compañeiro e a nós mesmos.
– Os problemas matemáticos sobre a compra de produtos no mercado
– O resumo do conto (na web e Blog do ciclo)
– A receita das filloas (cálculo de cantidades, texto instrutivo, experimentación, escritura da receita para o seu proxecto anual)

Noraboa!

 

Deixa unha resposta