Inscríbete no novo curso no CFR: Contacontos como recurso para a ESD 2017

Categorias: Contacontos como recurso na EpD,Cursos,Infantil,Oferta de actividades,Primaria

“Os contacontos como recurso para a Educación para a Solidariedade e o Desenvolvemento”

Un curso para aproveitar ao máximo o potencial pedagóxico dos contos,

fomentando o traballo colaborativo e utilizando ferramentas dixitais.

Un curso que pretende sensibilizar sobre a necesidade dunha educación transformadora como medio para formar a cidadáns e cidadás corresponsables e comprometidos coa realidade local e global. Unha aposta pola educación para a xustiza e a solidariedade como encontro entre o local o global.

Dirixido a docentes de infantil e primaria, está organizado xunto co Centro de Formación e Recursos de Vigo e trátase dunha proposta pedagóxica orientada principalmente a espertar a capacidade de ler a realidade, favorecendo a curiosidade polo que sucede e a capacidade de sorprenderse e facerse preguntas como unha actitude vital.

 

Duración, calendario e prezo:

25 horas homologadas polo CFR.

O curso comeza o 6 e finaliza o 29 de novembro de 2017 e impartirase na aula de música do CEIP Emilia Pardo Bazán (Chouzo).

A matrícula é gratuíta a través de FPROFE.

 

Descarga o programa Inscríbete

Deixa un comentario