Foron, de novo, Contos con Pegada que chegaron a 10 centros educativos vigueses (aínda que as solicitudes foron moitas máis…).

 

Un ano máis, dende a Campaña Impórtanos ofrecemos unha nova sesión de “Pegadas de conto”, creada xa no 2012 para difundir a campaña e traballar sobre a nosa pegada no mundo.

As sesións de 45 minutos foron acompañadas dunha oferta de actividades para que os educadores e as educadoras podan aproveitar ao máximo o potencial pedagóxico dos contos usando a literatura para traballar os contidos da aula.

Nas sesións deste curso, Bea Campos (acompañada pola música de David) visitou 10 centros  contando catro contos para un total de 436 alumnas e alumnos de Infantil. Contos que nos falan das pegadas que deixamos nas persoas coas que convivimos, da igualdade, da diversidade, das migracións, do consumo responsable e das pegadas que deixamos no medio natural no que vivimos.

Os contos traballados este curso foron:

  • Qué fai falta? (de Gianni Rodari)
  • Tu canción (de Inés Castel-Branco
  • Orellas de bolboreta (de Luisa Aguilar)
  • Al furgón! (de Henri Meunier e Nathalie Choux)
  • A banda de Vilacendoi (de Xulio Gayoso)

Aquí tendes algunhas fotos das sesións:

Deixa un comentario