Un ano máis, o Vicerreitorado de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo e Impórtanos, organizaron o obradoiro “Achégate ao Sur” co obxectivo de ofrecer un espazo para a reflexión, intercambio e coñecemento das desigualdades Norte-Sur, tratando de favorecer a participación en propostas que promovan o encontro intercultural, a igualdade e a transformación social.
O obradoiro tivo, nesta ocasión, en unha duración de 20 horas (computables para créditos ECTS pola Universidade de Vigo) distribuídas en 5 sesións todos os xoves dende o 29 de outubro ata o 26 de novembro de 2015 (días 29 out, 5, 12 19 e 26 nov) en horario de 16 a 20h.
Cinco sesións nas que lanzamos unha mirada ampla, global e crítica con todo aquelo que nos rodea. Un espazo no que reflexionamos colectivamente, dun xeito dinámico e participativo sobre o contexto da cidadanía global e as desigualdades e exclusións que este modelo provoca.
Para elo tivemos a sorte de contar con Tempo de Loaira, José Medina Mateos, Paz Caínzos, Marcos Ulloa e Xosé Cuns, que nos acompañaron nun camiño no que, coma sempre, máis que respostas atopamos novas preguntas pero no que tamén houbo propostas, oportunidades e causas coas que comprometerse…
Unha boa forma achegarnos ao Sur.
Aquí podes ver o programa do obradoiro
E aquí, algunhas fotos das sesións:
Deixa unha resposta