Finaliza o Achégate ao Sur 2017

Etiquetas:

Categorias: Achégate ao Sur,Cursos,EVENTOS

Achégate ao Sur

 

Continuando a colaboración coa Vicerreitoría de Extensión Universitaria e Relacións Internacionais da Universidade de Vigo, organizamos de novo o obradoiro “Achégate ao Sur”, unha actividade formativa dirixida a todas aquelas persoas interesadas en achegarse e descubrir ferramentas para interpretar algúns acontecementos sociais e outras pistas para un modelo de vida sostible.

O curso parte da análise das claves que constrúen o noso punto de vista, que condicionan a nosa idea de “como son as cousas” para logo analizar as desigualdades económicas e sociais do mundo que habitamos e profundar sobre que é e que non é desenvolvemento,  con sesións participativas que parten das experiencias propias para reflexionar sobre cada tema concreto e motivar a acción.

Esta edición combinou sesións ordinarias con tres sesións en aberto, divididas en tres bloques de contidos:

Un lugar desde o que mirar o mundo

28 de setembro  Des-igualdades (Aida Pérez Salgado, Tempo de Loaira, S. Coop. Galega). Claves desde as que achegarnos ao análise da realidade Norte-Sur.

5 de outubro        As realidade a través dos medios. De consumidores mediáticos a prosumidores críticos (Roi Guitián e María Lobo, Gingko.gal). Estruturas e desequilibrios da información mundial. A construción colectiva de mensaxes e realidades para impulsar o cambio.

19 de outubro     Desenvolvemento, solidariedade e cooperación: pasado, presente e futuro (Virginia Romero Sobral, experta en Cooperación Internacional). Orixes e evolución do concepto de desenvolvemento. A axenda post2015: os ODS

Todo está conectado

26 de outubro     Crise ecolóxica: Somos danos colaterais? (Antón Lois, Amigos da Terra). Cambio climático, perda da biodiversidade, esgotamento de recursos enerxéticos, contaminación da auga, aire e terra…

2 de novembro   A comunicación como ferramenta para a transformación social. Denuncia, inclusión e xustiza social a través da comunicación (Roi Guitián e María Lobo, Gingko.gal). Estratexias e discurso publicitario. Construción de mensaxes gráficas cun novo significado: Contrapublicidade ou Subvertising.

9 de novembro   Outra economía. Outra organización dos coidados (Mari Fidalgo, experta en migracións, feminismo e dereitos sociais). Poñer a vida no centro: crise dos coidados e ecofeminismo.

16 de novembro EN ABERTO: Fronteiras, migracións e refuxiados (Nicolás Castellano, periodista da Cadena SER especializado en contidos sobre migracións, cooperación e desenvolvemento)

Cidadanía, Participación e Estilos de vida

23 de novembro EN ABERTO: Consumo consciente e transformación social desde a soberanía alimentaria (Isa Álvarez, experta en Soberanía Alimentaria e agroecoloxía emerxente)

30 de novembro Desigualdade, exclusión e pobreza global (Xosé Cuns, EAPN Galicia). O concepto de solidariedade, hoxe.  Cidadanía e participación social

14 de decembro EN ABERTO: Reaccións e Estratexias fronte ao Colapso (Fernando Cembranos, Ecologistas en Acción)

 

O obradoiro tivo unha duración de 30 horas (computables para créditos ECTS pola Universidade de Vigo) distribuídas en 10 sesións todos os xoves do 28 de setembro ao 14 de decembro de 2017 en horario de 17:00 a 20:00 horas as sesións ordinarias, e de 19:00 a 21:00 horas as sesións en aberto.

As sesións ordinarias foron no Centro Local de Emprego e das Ocupacións, rúa Oporto nº 1 (sala multimedia, 2º andar) en as sesións en aberto no Auditorio do edificio Arenal (esquina rúas Areal e Oporto).

A matrícula foi gratuíta e chegaron a inscribirse na plataforma da Universidade de Vigo un total de 20 persoas, das que finalmente asistiron 16.

As avaliacións amosan unha satisfacción xeneralizada dos asistentes e a demanda de actividades de continuación.

 

Deixa un comentario