Finaliza o Achégate ao Sur 2016

Etiquetas:

Categorias: Achégate ao Sur,Cursos,EVENTOS

Un obradoiro en colaboración coa Vicerreitoría de Extensión Universitaria e Relacións Internacionais da Universidade de Vigo

 

Este curso o obradoiro ampliouse ata as 30 horas (computables para créditos ECTS pola Universidade de Vigo) distribuídas en 10 sesións todos os xoves do 6 de outubro ao 15 de decembro de 2016 en horario de 17 a 20h (agás o 3 e o 24 de novembro, conferencias de 19:00 a 21:00h).

As sesións ordinarias foron no Centro Local de Emprego e das Ocupacións, rúa Oporto nº 1 (sala multimedia, 2º andar) en as sesións en aberto no Auditorio do edificio Arenal (esquina rúas Areal e Oporto).

Un ano máis, o curso comezou buscando as claves que constrúen o noso punto de vista e condicionan a nosa idea de “como son as cousas”… para logo, con esa idea presente, analizar as desigualdades económicas e sociais no mundo no que vivimos, profundando sobre que é o desenvolvemento, que é o mal desenvolvemento e que os diferenza…

As sesións foron participativas e pretenderon partir da experiencia para reflexionar sobre cada tema concreto e motivar a acción, nesta ocasión, a través da análise crítica da comunicación, que nos permitiu achegarnos a distintos ámbitos do desenvolvemento coma o medio ambiente, o xénero, o consumo ou a participación.

Esta edición combinou as sesións ordinarias con dúas sesións en aberto e o traballo a través da plataforma online Edmodo. Nas sesións en aberto contamos coa presenza de Yayo Herrero López  (Cátedra UNESCO de Educación Ambiental e Desenvolvemento Sostible – UNED, Directora de FUHEM) e Carlos Taibo Arias (Universidade Autónoma de Madrid). E as sesións ordinarias foron impartidas por:

  • Tempo de Loaira, S. Coop. Galega
  • Pablo J. Martínez Osés (Especialista en Cooperación Internacional e Desenvolvemento)
  • Xosé M. Baamonde (Decano da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo)
  • Roi Guitián e María Lobo (Gingko.gal)
  • María Paz Caínzos Rodríguez (Educadora Popular)
  • Xosé Cuns Traba (Director EAPN Galicia)

 

Deixa un comentario