Fin do curso do CFR en 2016

Categorias: Contacontos como recurso na EpD,Cursos,EVENTOS

Utilizando os Contacontos como recurso na Educación para a Solidariedade e o Desenvolvemento

 

O curso, aprobado e incluído no Plan de Formación do CFR Vigo, foi dirixido aos docentes de Infantil e Primaria cun dobre obxectivo: o de sensibilizar (difundindo e alentando a práctica da Educación para a Solidariedade e o Desenvolvemento) e o de facilitar a posta en práctica da ESD a través da literatura e o uso das TIC na aula.

O curso contou, como docentes participantes, con Bea Campos, María Caride e Nuria Garabal e tivo unha duración de 20 horas (homologadas polo CFR), comezando o 7 e finalizando o 30 de novembro de 2016. Impartiuse na sala de música do CEIP Emilia Pardo Bazán (Chouzo).

Como nos últimos anos, curso moi demandado polos docentes, con case 200 solicitudes para 24 prazas.

Nesta ocasión o curso pretendía a consecución de tres obxectivos enlazados entre si: Promover a reflexión sobre a Educación para a Solidariedade e o Desenvolvemento no ámbito escolar, Proporcionar estratexias e recursos ao profesorado para contar contos e Propiciar a integración das TIC na práctica docente. Para a superación dos tres bloques, deseñáronse tarefas, actividades e mesmo as rúbricas correspondentes.

Cabe destacar que o formato elixido para o curso, enteiramente presencial e con fase práctica incluída, facilitou que durante o curso os participantes foran producindo diversos materiais, documentos, reflexións… encamiñados á realización de tres tarefas e que, na última sesión, os puxeran en común.

 

Deixa un comentario