Impórtanos trae a Vigo a exposición SOMOS MIGRANTES, unha invitación para poñernos no corazón e nos ollos de quen vive e morre nas fronteiras esperando que iso nos impulse á construción dun novo modelo de convivencia onde a dignidade de todas as persoas estea no centro.

 

Foto_21_Campo_de_golfDesde o comezo da historia da humanidade, as persoas e comunidades viaxaron dun lugar a outro na procura de mellores condicións de vida. Así mesmo, desde moitos séculos atrás construíronse fronteiras, muros e murallas para demarcar territorios e defender fortalezas.

Pero na retórica das migracións e as fronteiras hai poderosos simbolismos.

As persoas migrantes son “as estranxeiras”, “as de fóra”, tamén son “as outras, o espello”. As fronteiras son lugares de medos, de barreiras, do límite do coñecido, pero tamén son lugares de contacto, intercambio e aprendizaxe.

Contemplar o mundo desde as fronteiras ponnos diante dun límite e dun desafío:

- Os límites dun sistema global que xera exclusión e vulnera a dignidade de millóns de persoas.

- O desafío da construción dun sistema de gobernanza mundial cun réxime migratorio global baseado na dignidade humana.

 

Dende a Campaña Impórtanos convidámoste a ser parte da súa viaxe, a lembrar que as migracións están e estiveron presentes na vida de cada un de nós e a defender que a liberdade para saír de calquera país é un dereito fundamental de todas as persoas.

A non esquecer que todas as persoas SOMOS MIGRANTES

 

Visita a exposición…

 

Lugar: Casa das Artes. Primeira planta
c/ Policarpo Sanz 15, Vigo

Datas: do 2 ao 27 de maio

Horarios:

Luns a vernes de 18:00 a 21:00 h.
Sábados de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00 h.
Domingos e festivos de 12:00 a 14:00 h.

descarga o folleto

Ou reserva unha visita guiada para o teu centro…

 

Destinatarios

Alumnado de ESO e Bacharelato.

Grupos de máximo 50 alumnos/as acompañados polo profesorado (ratio mínima 1/20).

Proposta didáctica

A nosa proposta didáctica para traballar a partir das fotografías da exposición ten como obxectivo acadar unha comprensión amplia da realidade das fronteiras desde unha perspectiva de contexto, promovendo actitudes de respecto e empatía.

Descarga a Guía Didáctica

Datas

Días lectivos do 3 ao 27 de maio de 2016
Horario da visita a determinar co centro (sempre entre as 10:00 e as 14:00)

Reserva

Contacta con Juan Fernández Durán, coordinador da Campaña Impórtanos.
Envía un mail a importanos@importanos.org ou chama aos teléfonos 886 139 568 / 620 989 527, luns a venres de 10:00 a 14:00h

 

 

máis info sobre a exposición