Exposición “Mulleres protagonistas do desenvolvemento” no Aeroporto de Vigo

Etiquetas:

Categorias: Exposicións,NOVAS DE INTERESE

Dende a década dos noventa, a Organización das Nacións Unidas celebra Cumios e Conferencias Mundiais cos diferentes países, para tratar de dar solución aos problemas mundiais sobre dereitos humanos, saúde, educación, sostibilidade ambiental, pobreza…

Os “Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio” resumen os obxectivos a alcanzar polos países para a construción dun mundo máis xusto e solidario. O documento que se elaborou foi a Declaración do Milenio que contén 8 obxectivos, 18 metas e 48 indicadores que as diferentes nacións se comprometeron a cumprir entre os anos 1990 e 2015.

Os oito obxectivos que sustentan o documento establecido son:

  • Erradicar a pobreza e a fame.
  • Lograr a educación primaria universal.
  • Promover a igualdade de xénero e a autonomía da muller.
  • Reducir a mortalidade infantil.
  • Mellorar a saúde materna.
  • Combater o VIH/SIDA, o paludismo e outras enfermidades.
  • Garantir a sostibilidade ambiental.
  • Fomentar unha asociación mundial para o desenvolvemento.

Como continuación da campaña “Obxectivo 2015” promovida pola ONGD “Jóvenes y Desarrollo” na que se intenteba achegar estas oito metas á poboación, esta exposición afonda no Obxectivo n.º 3: “Promover a igualdade de xénero e a autonomía de muller”.

Para iso, tomaremos como exemplo a realidade da muller africana, elección motivada pola situación de extrema gravidade e especial vulnerabilidade da súa situación. Non obstante, preténdese dar unha visión moito máis ampla deste obxectivo para transmitir que as políticas de desenvolvemento demostraron que a consecución deste obxectivo supoñería un avance importante na consecución dos demais. Por exemplo, a educación das nenas é un aspecto crucial para lograr o empoderamiento da muller, a diminución da mortalidade infantil ou a redución da transmisión do VIH/Sida.

Exposición itinerante formada por 4 grandes paneis que nos mostran a realidade da muller en diferentes ámbitos (equidade, economía, saúde e educación) informando do estado actual de obxectivo n.º 3 do milenio (Promover a equidade entre xéneros e a autonomía da muller).

No aeroporto de Vigo ata o 7 de xaneiro de 2015.

Deixa unha resposta