EXPOSICIÓN “Golfo de Fonseca: a loita por un futuro sostible”

Categorias: EVENTOS,Exposicións,PROXECTOS

HOXE “despega” a EXPOSICIÓN “Golfo de Fonseca: a loita por un futuro sostible” no aeroporto de Peinador.

A través de 30 fotografías, retrátase a viaxe organizada por Amigos da Terra e AGARESO

 (A Asociación Galega de Reporteiros Solidarios) no 2009 ao Golfo de Fonseca, ubicado entre El Salvador, Nicaragua e Honduras. Cinco xornalistas coñeceron de primeira man os logros conseguidos desde o 2004 por AdT e as ONGs da zona: unha pesca artesanal sostible, a conservación dos recursos mariños e a maior participación das mulleres no sector.
Ou a creación de “Atrigolfo”, organización cuxo obxectivo é acadar leis comúns aos tres países para a defensa da pesca artesanal e o medio ambiente.
As imaxes deixan proba dos problemas fundamentais no Golfo de Fonseca: a contaminación das fabricas, a sequía e a sobreexplotación dos recursos por mor de, por exemplo, excesivas prantacións de millo, maní ou cana de azucre nas beiras do esteiro.

Deixa unha resposta