Estrea mundial de Catro Monos! …con Impórtanos

Categorias: EVENTOS,Teatro

Volve o teatro con Pegada para o alumnado de Primaria

 

De novo a compañía a Tropa de Trapo axúdanos a reflexionar conxutamente sobre o mundo que nos rodea e sobre a nosa pegada na construción das alternativas.

Unha magnífica ocasión para achegar tanto aos docentes coma ao alumnado á cooperación e á solidariedade, para cuestionarnos moitos comportamentos e pensamentos, compartir, xogar… e participar.

Nesta ocasión contaremos cunha nova obra, “Catro Monos”, de estrea coa campaña Impórtanos.

 

Catro Monos

 Se os Tres Monos Sabios tapan a boca, os ollos e as orellas para non ver, oir nin falar… a Tropa de Trapo dálle a volta!

Agora van pensar, van actuar… e van ser catro! Catro monos, catro historias.

  • A auténtica historia do lagarto da saia da Carolina, que non era un, senón dous… e non se levaban moi ben.
  • O conto de como empezaron os días a ser días no deserto do Sahara, con Mama
    Kanuga e Fillo Kanuga comendo dátiles e cocos.
  • A historia de catro mulleres que vivían nunha aldea e que conseguiron evitar que lles roubaran o seu peixe cantando e regueifando.
  • E a tola historia dun mono que quixo pintar as nubes cun “spray” para que non houbese máis tormentas… e, sen querer, cambiou a vida do resto dos monos.

Catro contos para falar de como nos relacionamos entre nós e co medio, para rir, para reflexionar, para cantar e para soñar con outro mundo posible.

Vos animades?

 

Os días 27, 28 e 29 de novembro de 2018

no Auditorio do Concello de Vigo

Sesións ás 10:00 e ás 12:00 h.
Duración aprox. 60 min.

Para alumnado de Primaria
Prazas limitadas!

Inscricións

 

Deixa un comentario