O curso co Centro de Formación e Recursos do Profesorado chegou ao seu fin.

Na última semana os mestres e mestras puxeron en práctica o aprendido e levaron os seus contos ás aulas. Escolleron un conto para traballar e xogar con el: lérono, coñecérono, quixérono… ata contalo.

Ademais, propuxeron diferentes actividades que, relacionadas co conto, permitiron traballar aspectos de solidariedade e cidadanía global cos nenos e nenas de Infantil e Primaria.

Logo, na última sesión, expuxeron as súas experiencias de aula, as dificultades e descubrimentos, analizando as ferramentas postas en práctica e compartindo cos demais as actividades…

Pero seguro que isto non fixo máis que comezar!!

Deixa unha resposta