Espazo de Comercio Xusto e Economía Solidaria

Coma todos os anos, en coordinación coa Coordinadora Galega de ONGD e a Rede SocialGalicia Sur, a campaña Impórtanos organizou a mobilización do Día Europeo do Comercio Xusto.

Nesta ocasión o denominado “Espazo de Comercio Xusto e Economía Solidaria”  uniuse á Festa da Alegría, organizada pola Asociación de Veciños do Calvario e o pasado sábado 2 de xuño, durante todo o día houbo postos de información e venta de produtos de comercio xusto, moda sostible e alternativas de consumo responsable.

Ademais, organizáronse dúas actividades:

  • Un programa de radio sobre Comercio Xusto e EconomíaSolidaria, con entrevistas a representantes de Oxfam Intermón, Solidariedade Internacional de Galicia, Racataplan, Nosa Enerxía, Fiare Banca Ética e Catro Ventos Editora.                                                                                      O resultado da actividade, conducida polo periodista Juan Lago, foron unhas interesantes reflexións para coñecer alternativas transformadoras no consumo, moda sostible, enerxía, finanzas éticas e divulgación, que se poden escoitar no Facebook de Impórtanos.
  • Un desfile de moda de Comercio Xusto e Moda Sostible, que congregou a moita xente na tarde do sábado e amosou que, no ámbito da moda tamén é posible facer un consumo consciente e responsable, ben mercando roupa que respecte ás persoas e ao planeta, ben mercando roupa de segunda man pero,en todo caso, deixando de mercar o que non precisamos.

A actividade contou coa participación de: AIS O Peto, Alborada,Amigos da Terra, Boa Vida, Impórtanos, Cáritas Diocesana de Tui-Vigo, CatroVentos, CIFP Manuel Antonio, Coop57, Fiare Banca Etica, Nosa Enerxía, Oxfam Intermón, Proclade Fundación, Racataplan, Solidariedade Internacional de Galicia, Sos Racismo Galicia e Taller de Solidaridad.

Flickr API error: Service currently unavailable (Site Disabled)

Deixa unha resposta