Apostando pola educación inclusiva dende o CEIP Paraixal

Etiquetas:

Categorias: Centros participantes,Obradoiros,XENTE CON PEGADA

Hoxe as nenas e nenos de 5º e 6º de Primaria do CEIP Paraixal tiveron a oportunidade de pensar dunha forma diferente.

Tiveron a oportunidade de pensar no mundo doutra maneira, de reflexionar sobre as desigualdades, sobre a diversidade, sobre a riqueza, o desenvolvemento, de experimentar a competición e a cooperación, de buscar alternativas e propoñer solucións…

Puideron comprender a importancia da educación como ferramenta para a igualdade e a xustiza e puideron vela como un Dereito Humano do que ninguén pode ser privado.

Coñeceron algunhas claves para o cambio, para expresar os seus pensamentos e coñeceron a proposta da Campaña Mundial pola Educación, este ano coa vista posta na educación inclusiva (www.cme-espana.org).

En definitiva, puideron PARTICIPAR!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

aquí a noticia no seu blog

 

 

 

Deixa unha resposta