Día Internacional para a Erradicación da Pobreza

Categorias: EVENTOS,MANIFÉSTOME!

Xa comezou a manifestación contra a pobreza!

Baixo o lema “Contra a riqueza que empobrece”, dende a Coordinadora Galega de ONGD e a Rede Social Galicia Sur convocan á cidadanía para mobilizarse contra as causas que provocan pobreza e desigualdade no mundo a partir do 17 de outubro, Día Internacional para a Erradicación da Pobreza e ao longo de todo o mes (ver campaña Maniféstome).

A pobreza xa está considerada como o problema máis grave que ten que afrontar a humanidade, sen embargo, existen compromisos internacionais, como os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio ou os dereitos económicos, sociais, laborais, culturais e civís, que se están a incumprir sistematicamente.

A pobreza é cada vez máis extrema, intensa e crónica. Vivimos unha crise global e complexa que se basea nas desigualdades e as fai máis profundas. Os intentos de saída da crise de carácter antisocial, baseados en recortes do gasto social, agravan a situación das poboacións máis vulnerables.

É urxente cambiar este sistema que xera riqueza para o 1% e un empobrecemento xeneralizado para o resto da poboación, tanto no noso país como no resto do globo. Un sistema que fomenta a guerra para o control xeoestratéxico dos recursos, a destrución da natureza e as desigualdades sociais.

Para este cambio tamén é necesario a implicación da sociedade civil, que mude os seus valores para acabar cunha economía especulativa por outra ao servizo das persoas e deixar atrás o individualismo e a competitividade e cambialos pola cooperación e a solidariedade entre as persoase os pobos…

Aquí podes ver o manifesto completo

Deixa unha resposta