Día do comercio Xusto 2017

Etiquetas:

Categorias: EVENTOS,MANIFÉSTOME!

Comercio Xusto e Economía Solidaria

 

En coordinación coa Coordinadora Galega de ONGD e a Rede Solidaria Galicia Sur, a campaña Impórtanos organizou a mobilización do Día Europeo do Comercio Xusto, que se celebrou o 27 de maio na Praza da Princesa.

A actividade contou coa participación de: Parroquia Cristo da Victoria, Semilla para el Cambio, Artemada, Grupo Emaus Fundación Social, Solidariedade Internacional de Galicia, Oxfam Intermón en Vigo, Taller de Solidaridad, Cáritas Diocesana de Tui-Vigo, Amigos da Terra, Amnistía Internacional Vigo, Marcha Mundial Mulleres Galiza, GIT de Fiare en Galiza, Proclade Fundación e Sos Racismo Galicia.

Durante todo o día houbo postos de información e venta de produtos de comercio xusto e obradoiros, unha actuación musical e o desfile de moda de Comercio Xusto. Para rematar, fíxose lectura dun manifesto.

A xornada tivo boa repercusión nos medios e especialmente nas redes sociais.

 

Deixa unha resposta