Deixando pegadas…chegan os nosos obradoiros!

Categorias: EVENTOS,NOVAS DE INTERESE,Obradoiros

Obradoiros para achegarse á cooperación e ás nosas pegadas:
na contorna, no sistema e nos demais (pegadas ecolóxica, socioeconómica e cultural)

As nosas pegadas impactan tanto no local como no global e en todos os ámbitos: no socio – económico, no ecolóxico, no cultural.. deformando o mundo que coñecemos ata non recoñecelo.

Neste contexto, hoxe máis ca nunca, é necesario formar persoas capaces de comprender axeitadamente o mundo no que vivimos e de asumir un compromiso activo pola solidariedade e a xustiza. Persoas capaces de recoñecer a súa pegada, de analizala, reducila ou potenciala.

A través de distintos obradoiros pretendemos promover valores e actitudes como a solidariedade, a empatía, a identidade e a autoestima, a convivencia na diversidade, o compromiso coa xustiza social e a non discriminación, a igualdade de xénero, a preocupación polo medio ambiente e o compromiso cun desenvolvemento sostible.

Todo elo con fin de educar cidadáns e cidadás do mundo.

Cambia a túa mirada para cambiar o mundo!