Curso: Educar contando contos… e utilizando as TIC

Categorias: Contacontos como recurso na EpD,Cursos

Un ano máis pensamos utilizar os contos para traballar os contidos da aula e nesa idea andamos, levando as sesións de contacontos ou o teatro aos vosos centros educativos… mentres organizamos un novo curso titulado “Educar para a Solidariedade e o Desenvolvemento contando contos… e utilizando as TIC”.

O curso, aínda pendente de aprobación, é organizado xunto co Centro de Formación e Recursos de Vigo, e vai dirixido aos docentes de infantil e primaria pretende sensibilizar sobre a necesidade dunha educación transformadora como medio para formar a cidadáns e cidadás comprometidos coa realidade local e global corresponsables na xeración dun novo orden social máis inclusivo e sostible.Un curso para aproveitar ao máximo o potencial pedagóxico dos contos, fomentando o traballo colaborativo e utilizando ferramentas dixitais.

Unha proposta pedagóxica orientada principalmente a espertar a capacidade de ler a realidade, favorecendo a curiosidade polo que sucede e a capacidade de sorprenderse e facerse preguntas como unha actitude vital.

 

Duración, calendario e prezo:

30 horas homologadas polo CFR, distribuídas en tres bloques (parte común, parte específica –ferramentas– e parte práctica), das que 25 son presenciais e 5 non.

O curso comeza o 3 e finaliza o 26 de novembro de 2014 e impartirase entre a sede do CFR de Vigo e o CEIP Emilia Pardo Bazán (Chouzo).

A matrícula é gratuíta a través de FPROFE.       Descarga o programa Inscríbete

Deixa unha resposta