Curso “Contacontos como recurso na Educación para a Solidariedade e o Desenvolvemento”

Categorias: Adultos,Contacontos como recurso na EpD,Cursos,EVENTOS,Infantil,Oferta de actividades,Primaria

“Os contacontos como recurso na Educación para a Solidariedade e o Desenvolvemento”

Un curso para aproveitar ao máximo o potencial pedagóxico dos contos,

fomentando o traballo colaborativo e utilizando ferramentas dixitais.

O curso pretende sensibilizar sobre a necesidade dunha educación transformadora como medio para formar a cidadáns e cidadás comprometidos coa realidade local e global corresponsables na xeración dun novo orden social máis inclusivo e sostible.

Vai dirixido a docentes de infantil e primaria e está organizado xunto co Centro de Formación e Recursos de Vigo e trátase proposta pedagóxica orientada principalmente a espertar a capacidade de ler a realidade, favorecendo a curiosidade polo que sucede e a capacidade de sorprenderse e facerse preguntas como unha actitude vital.

 

Duración, calendario e prezo:

20 horas homologadas polo CFR.

O curso comeza o 7 e finaliza o 30 de novembro de 2016 e impartirase na aula de música do CEIP Emilia Pardo Bazán (Chouzo).

A matrícula é gratuíta a través de FPROFE.

 

Descarga o programa Inscríbete

Deixa unha resposta