Contos do Mar

Categorias: Contacontos,Infantil,Primaria,Uncategorized

Desfrutemos da lectura e ao mesmo tempo traballemos outros contidos da aula!

Un ano máis desde Impórtanos ofrecémosvos a oportunidade de achegarvos ás temáticas da Educación para a  Cidadanía Global, a Solidariedade e o Desenvolvemento a través das nosas sesións de contacontos.

Bea Campos contará varios contos escollidos para reflexionar coas nenas e nenos sobre a pegada ecolóxica, a sustentabilidade, o coidado do planeta, a educación das emocións, a interculturalidade, as migracións, os estereotipos e prexuízos, etc. Os días 21,22, 23 de Outubro, 28,29 e 30, e o 5 de Novembro 14 sesións polos centros educativos de Vigo para facer a delicia dos máis pequenos e traballar a pegada ecolóxica.

Só tendes que comprometervos a desenvolver algunha actividade posterior na aula e/ou na casa e lograr que os máis pequenos e as súas familias experimen a forza das súas propias pegadas… e compartir o voso proxecto e actividades connosco para incorporalas ao banco de recursos na nosa web.

A que esperades?

Deixa unha resposta