Contando contos no CEIP Frián-Teis

Etiquetas:

Categorias: Centros participantes,Contacontos,EVENTOS,NOVAS DE INTERESE,XENTE CON PEGADA

Aínda que expertos xa nesta materia, no CEIP Frián – Teis recibiron onte a visita de Bea Campos cos seus contos… que deixan pegada.

Dende os contos escollidos, a forma de contar, a linguaxe, a expresión corporal… ata as actividades que podemos facer a través del na aula, todo está coidado na sesión para que os nenos e nenas gocen da literatura e ao mesmo tempo falen e descobran as nosas pegadas no mundo.

Unha boa forma de traballar cos máis pequenos e unha sesión da que seguro tomaron boa nota na biblioteca, de cara ás súas propias sesións de contacontos coas que as nais e pais da ANPA enredan aos nenos e nenas nas tardes de Teis.

Deixa unha resposta