Seguimos facendo memoria…

Dende Impórtanos! sempre pensamos que os contos poden ser un bo recurso para motivar e achegarseIMG-20141014-WA0001 á Educación para a Cidadanía Global, a Solidariedade e o Desenvolvemento.

Por iso, un ano máis, ofrecémosvos sesións de contacontos coas que traballar as nosas pegadas no mundo cos nenos e nenas de Infantil.

Nas sesións deste curso, Bea Campos (acompañada pola música de David) contou catro contos que nos falan das pegadas que deixamos nas persoas coas que convivimos, da igualdade, da cooperación, da importancia de traballar en equipo, da paciencia, dos coidados… Sempre coa inestimable e impetuosa participación dos nenos e nenas que veñen escoitala.

Logo, foron as mestras e os mestres os que aproveitando algunha das propostas e ideas que lles deixamos, lograron, sen dúbida, que os máis pequenos e as súas familias experimentasen a forza das súas propias pegadas… tanto na aula coma na casa.

Todo un éxito!

Aquí tendes unha mostra, botádelle unha ollada ao conto “Os de arriba e os de abaixo”:

E aquí algunhas fotos das sesións:


Deixa unha resposta