Contacontos con pegada 2017

Categorias: Contacontos,Infantil,Oferta de actividades,Primaria

Historias que deixan pegadas…

nos nenos e nenas que veñen escoitalas

 

Todos os nenos e nenas séntense atraídos polo mundo dos contos e, por iso, pensamos que os educadores podedes aproveitar ao máximo o seu potencial pedagóxico coas nosas sesións de contacontos.

Por iso, un ano máis, dende Impórtanos ofrecémosvos sesións de contacontos para Infantil e Primaria coas que traballar as nosas pegadas no mundo e achegarvos á Educación para a Cidadanía Global, a Solidariedade e o Desenvolvemento.

Na nosa proposta de traballo, Bea Campos contará cinco contos seleccionados que pretendemos sexan unha oportunidade para achegarse a algunha desas temáticas de forma que, nas sesións seguintes, as e os docentes podades reflexionar coas nenas e nenos a través das actividades que vos parezan oportunas.

Só tendes que comprometervos a desenvolver algunha das propostas e ideas que vos deixaremos para traballar os contos na aula e/ou na casa e lograr que os máis pequenos e as súas familias experimen a forza das súas propias pegadas… e compartir o voso proxecto e actividades connosco para incorporalas ao banco de recursos na nosa web.

 

Ficha da actividade Inscricións

 

Un exemplo… botade unha ollada ao conto “Os de arriba e os de abaixo” contado por Bea e Davide:

 

 

As propostas dos cursos pasados: 2013SAME201420142015 2016

Deixa un comentario