Contacontos con pegada 2016

Categorias: Contacontos,Infantil,Oferta de actividades

 Historias que deixan pegadas…

nos nenos e nenas que veñen escoitalas

 

Os nenos e nenas séntense atraídos polo mundo dos contos… e os educadores e as educadoras poden aproveitar ao máximo o seu potencial pedagóxico, usando a literatura para desfrutar da lectura e ao mesmo tempo traballar outros contidos da aula.

Por iso, un ano máis, dende Impórtanos ofrecémosvos sesións de contacontos para Infantil coas que traballar as nosas pegadas no mundo e achegarvos á Educación para a Cidadanía Global, a Solidariedade e o Desenvolvemento.

En que consiste?

Pois é moi doado, só tendes que comprometervos a desenvolver algunha das propostas e ideas que vos deixaremos para traballar os contos na aula e na casa para lograr que os máis pequenos e as súas familias experimen a forza das súas propias pegadas…

 

IMG-20141014-WA0001Nós, pola nosa parte, comprometémonos a preparar a nova sesión con contos que vos fagan pensar, que vos sirvan para traballar na aula e que vos motiven para seguir achegándovos e achegando aos vosos nenos e nenas á solidariedade, á cooperación e a un mundo cheo de posibilidades… que precisa no noso coidado.

Aquí tendes a proposta deste curso e logo, dos contos encargarase Bea Campos acompañada pola música de Davide, porque coa axuda dos nenos e nenas, coma sempre, xa contamos!cartel_completo

 

Ficha da actividade Inscricións

 

 

E como exemplo, botade unha ollada ao conto “Os de arriba e os de abaixo” contado por Bea e Davide:

 

 

E aquí tendes as propostas dos cursos pasados: 2013SAME201420142015

Deixa unha resposta