O 24 de novembro retomamos unha actividade de sensibilización para público familiar quexa iniciaramos no 2016: a xornada “Construíndo o mundo que queremos. A Axenda2030”, nesta ocasión en colaboración coa Rede Social Galicia Sur (que aglutina a diversos colectivos sociais e de cooperación da cidade), a CoordinadoraGalega de ONGD e a Universidade de Vigo.

Unha xornada para coñecer os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) dunha forma amena, familiar e compartida que se celebrou no Tinglado do Porto de Vigo durante todo o día, dende as 11:00 ás 20:00 horas (cun descanso de  14.30 a 16:30 h).

Partindo dos ODS, que conforman a actual axenda de loita contra a pobreza global aprobada polas Nacións Unidas para o período 2016-2030, organizáronse xogos cooperativos, obradoiros, exposicións, postos informativos, un desfile de moda e unha sesión de contacontos.

Estes obxectivos, que por vez primeira implican atodos os países (do Norte e do Sur) e a todos os actores (gobernos, sector privado e sociedade civil) foron o fío condutor das actividades que tiveron como fin sensibilizar e comprometer á nosa sociedade na construción dun mundo máis xusto centrándose na xustiza social e ambiental.

Na xornada dividimos os obxectivos en tres grandes bloques ou dimensións (persoas, planeta e prosperidade), aos cales nos achegamos con diversas actividades que desenvolveron as organizacións participantes: Amigos da Terra, Oxfam Intermón,Catro Ventos Editora, Cáritas Diocesana de Tui-Vigo, Entreculturas, ProcladeFundación, Asociación Provivienda, Faraxa Vigo, ACLAD Alborada, SOS RacismoGalicia, Solidariedade Internacional de Galicia, Fiare Banca ética, ComitéÓscar Romero, Mans Unidas e Taller de Solidaridad.

Flickr API error: Service currently unavailable (Site Disabled)

Deixa unha resposta