“Comunicando Comunidades”, o documental, chega ao IES Rosais 2

Etiquetas:

Categorias: Centros participantes,EVENTOS,Obradoiros,PROXECTOS,XENTE CON PEGADA

Coa idea de achegar a cooperación internacional ás mozas e mozos de secundaria presentouse onte o documental gravado no Bajo Lempa (El Salvador) por voluntariado da Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (Agareso).

A iniciativa encádrase no proxecto realizado en El Salvador para reducir a vulnerabilidade ante o risco de inundacións, financiado á ONGD polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, do que é socio o Concello de Vigo, que ademais ostenta a vicepresidencia na figura da concelleira Isaura Abelairas.

A proxección do documental ‘Comunicando comunidades’, centrou a sesión de onte no IES Rosais 2, na que a técnica de Agareso Susana Maceiras, acompañada por unha representante da contraparte salvadoreña Radio Tehuacán, tratou de concienciar ás 85 alumnas e alumnos de 3º ESO sobre a importancia da participación comunitaria, animándoos a implicarse na resolución das problemáticas sociais que afectan a súa contorna.

A través do testemuño directo das e dos seus protagonistas, o audiovisual evidencia como cooperativas, movementos de base e organizacións comunitarias permiten afrontar cuestións como a contaminación, a violencia, a falta de información ou a carencia de traballo no país centroamericano, que viviu doce anos de guerra.

Máis info

E algunhas fotos da sesión:

 

Deixa unha resposta