Compostando no Colexio Monterrey

Etiquetas:

Categorias: Centros participantes,EVENTOS,Obradoiros,XENTE CON PEGADA

Amigos da Terra levou a cabo hoxe un obradoiro sobre compostaxe para alumnos/as de 1º da ESO do CPR Monterrey.

Depois de reflexionar acerca da problemática e o ciclo dos residuos e a contaminación derivada do seu procesamento, rapaces e rapazas construiron colectivamente dous composteiros artesanais.

Esta actividade ademais de permitirlles achegarse ao proceso de compostaxe como alternativa para a reciclaxe de residuos orgánicos, servirá en adiante para xerar compost orgánico e aboar a horta que eles/as mesmos/as traballan e coidan no centro.

 

Deixa unha resposta