A concelleira delegada de políticas de benestar, igualdade e normalización lingüística, Isaura Abelairas, inaugurou onte o primeiro curso organizado dende a campaña Impórtanos! en colaboración co CFR de Vigo titulado “Os contos como recurso na Educación para a Solidariedade e o Desenvolvemento“, dirixido aos docentes de infantil e primaria.

O curso pretende sensibilizar sobre a necesidade dunha educación transformadora como medio para formar a cidadáns e cidadás comprometidos coa realidade local e o global, corresponsables na xeración dun novo orden social máis inclusivo e sostible e nel participan 28 docentes das Escolas Infantís Vila Laura, Cristo da Victoria e Monte da Guía; e dos Centros de Primaria Doutor Fleming, Chans-Bembrive, Serra-Vincios, Sobreira-Valadares e  Virxe do Rocío.

 

A proposta pedagóxica vai orientada principalmente a espertar a capacidade de ler a realidade, o que implica favorecer a curiosidade polo que sucede, a capacidade de sorprenderse e facerse preguntas como unha actitude vital…

 

 

 

 

 

 

A través da participación activa dos docentes preténdese favorecer a reflexión, a toma de conciencia das causas e consecuencias das situacións que nos rodean e o descubrimento das posibilidades e potencialidades da educación como o principal motor para o cambio social.

Nesta primeira sesión Estíbaliz Táboas e Alicia López, dun xeito dinámico e participativo, fixeron reflexionar colectivamente aos asistentes sobre o contexto da cidadanía global e as desigualdades e exclusións que este modelo provoca. E aquí tendes a mostra…

Deixa unha resposta