Comeza o curso… chegan os contacontos

Categorias: Contacontos,Contos con pegada,EVENTOS

Historias que deixan pegada 

 

Contos, música e Cidadanía Global!

Desfrutemos da lectura e ao mesmo tempo traballemos outros contidos da aula!

Un ano máis desde Impórtanos ofrecémosvos a oportunidade de achegarvos ás temáticas da Educación para a  Cidadanía Global, a Solidariedade e o Desenvolvemento a través das nosas sesións de contacontos.

Bea Campos contará varios contos escollidos para reflexionar coas nenas e nenos sobre a pegada ecolóxica, a sustentabilidade, o coidado do planeta, a educación das emocións, a interculturalidade, as migracións, os estereotipos e prexuízos, etc.

Só tendes que comprometervos a desenvolver algunha actividade posterior na aula e/ou na casa e lograr que os máis pequenos e as súas familias experimen a forza das súas propias pegadas… e compartir o voso proxecto e actividades connosco para incorporalas ao banco de recursos na nosa web.

A que esperades?

(para Infantil e primerio ciclo de Primaria)

Ficha da actividade Inscricións

 

 

Relacionado: Conto “Os de arriba e os de abaixo” contado por Bea e Davide

 

 Propostas de cursos anteriores:

2013SAME201420142015 2016 2017

Deixa un comentario