Comeza a primeira manifestacion “EN DIFERIDO” pola redistribución da riqueza

Categorias: EVENTOS,MANIFÉSTOME!,NOVAS DE INTERESE

Maniféstate contra a riqueza que empobrece!

O 17 de outubro é o Día Internacional para a Erradicación da Pobreza, pero durante todo o mes persoas de todo o mundo manifestaranse nas súas cidades, na rúa, na súa casa…

Elixe un dos máis de 40 lemas da campaña, fai unha foto no noso photocall ou onde ti elixas e comparte a imaxe nas redes sociais… Estes son os nosos lemas

O photocall estará presente en tres cidades:

o 14 outubro, en Santiago de Compostela, na entrada da Facultade de Maxisterio (Av. Xoán XXIII) das 10 ás 14 horas.

o 16 outubro, en A Coruña, na entrada da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Caminos das 10 ás 18:30 horas.

o 17 de outubro (Día Internacional para a Erradicación da Pobreza), na Av. Castelao, xunto a praza América, das 11 ás 20 horas.

Ademais, o 16 de outubro (das 18:30 ás 20:30 horas) na Federación de Asociación Veciñais Eduardo Chao en Vigo (na praza da Princesa), organizaranse dous charlas sobre alternativas para un consumo responsable e un aforro ético a cargo da Asociación Amigos da Terra e da Asociación FIARE.

 

COMO PARTICIPAR?

– facéndovos unha foto nos photocall instalados nas rúas e nas universidades galegas
– facéndovos unha foto onde queirades e subíndoa ao voso Facebook e/ou Twitter, facéndonos saber que ti tamén te manifestas! (Podedes descargar os lemas listos para imprimir ou escribir os vosos propios lemas e reivindicacións!)

  • En Facebook: Dálle a “Me gusta” na páxina de Impórtanos, sube a foto ao teu perfil e etiquétanos cos hastags #Importanos #RiquezaqueEmpobrece #Manifestome 
  • En Twitter: Sube a túa foto e/ou  lema cos hastags #Manifestome, #Importanos e #RiquezaqueEmpobrece e noméanos @pobrezacero e @cgongd. Converte a loita contra a pobreza en “trending topic”!

– apoiando ao grupo responsable das actividades en Coruña, Vigo ou Santiago (podedes contactar connosco para pedir máis información)
– solicitando o photocall para a vosa entidade, asociación, parroquia, centro educativo, grupo, etc. Contacta connosco!

Esixe que a riqueza estea ao servizo das persoas e non ao revés. Basta de políticas que empobrecen ás persoas!

Con: Coordinadora Galega de ONGd Enxeñería Sen Fronteiras Galicia e Campaña Pobreza Cero – Coordinadora ONGD España

Descarga os lemas, imprime e participa!Descarga o flyer e difunde a iniciativa!

 

Deixa unha resposta