Unha Tropa no Colexio Losada

Onte tamén tivemos actuación da Tropa de Trapo. Nesta ocasión, Antía e Wamba chegaron ao Colexio Losada co seu espectáculo e as súas historias para facer as delicias das nenas e nenos e tentar deixar pequenas pegadas… fomentando o pensamento crítico  e o respecto polos demais. Unha labor que lle toca continuar agora aos seus…

Os contos Desiguais no CEIP Canicouva

Onte o CEIP Canicouva desfrutou dunha sesión de contos realizada por Bea Campos co obxectivo de fomentar entre a cidadanía actitudes de respecto á diversidade cultural A través do máxico mundo dos contos puidemos transmitir e traballar, nesta ocasión, valores interculturais co alumnado. A sesión apoiouse en catro contos moi especiais: Bailar nas Nubes: Ata os…

Contos no CEIP Párroco D. Camilo

  Hoxe, as nenas e nenos do CEIP Párroco D. Camilo desfrutaron dunha sesión con Bea Campos e os seus contos…   Sesión na que deu tempo a contar, entre outros, os xa clásicos da campaña como: Xaime e as Landras, O poliño da abeleira e Pequeno azul e pequeno amarelo.     A través deles…

Rematamos o obradoiro Achégate ao Sur… participando

É posible cambiar as cousas dende a nosa realidade cotiá? Que podemos facer? Este módulo quixo facer un convite aos participantes do obradoiro para que, unha vez feito o percorrido polo resto das sesións, poidan achegarse ás alternativas de cambio e as posibilidades de implicación persoal e colectiva que pode haber no seu ámbito máis…

Máis contos… no CEIP Paraixal

Hoxe no CEIP Paraixal a sesión de contos de Bea Campos incluíu algunha novidade… Ademais dos xa sabidos Pequeno Azul e Pequeno Amarelo, Xaime e as landras, e O poliño da abeleira, Bea tivo tempo de contar tamén outra historia con pegada: Bailar nas Nubes.  Un conto que, a través do soño dunha nena que…

O CEIP Altamar acolle os nosos contos…

Os nenos e nenas de 5º e 6º de Infantil do CEIP Altamar recibiron hoxe a Bea Campos que, a través dos contos, levounos a coñecer o medio que nos rodea, a Natureza, a importancia do traballo en equipo e de poñer en valor e respectar ao diferente… E que ben o pasaron tamén…                                              …

Antía e Wamba no CEIP García Barbón

Unha carreira, un tropezo e un bocadillo… Deste xeito os alumnos e alumnas do CEIP García Barbón quedaron onte prendados da historia de Antía e Wamba escoitando e participando nese momento de compartir, de escoitar, de abrir os ollos… Non se lles escapou nada… e a batería de reciclaxe causou verdadeiro furor. Aquí tendes algunhas…

A Tropa de Trapo no CEIP Escultor Acuña

As nenas e nenos do CEIP Escultor Acuña coñeceron onte a Antía e Wamba. Antía é unha nena galega que vai merendar ao parque. Wamba é un mozo do Congo que vende de todo no Top Manta para poder sobrevivir. O seu encontro e as súas historias serviron para que todos eles, xuntos, puidesen achegarse…

A Tropa no Colexio Montesol

Onte tivemos unha nova actuación da Tropa de Trapo no Colexio Montesol, onde Antía e Wamba chegaron co seu espectáculo e as súas historias para facer as delicias das nenas e nenos e tentar deixar pequenas pegadas… Reflexións que logo continuarán, profundando nalgún dos temas propostos, cos seus mestres e mestras. De momento aquí tendes…

…este conto está rematado (ou non?)

O curso co Centro de Formación e Recursos do Profesorado chegou ao seu fin. Na última semana os mestres e mestras puxeron en práctica o aprendido e levaron os seus contos ás aulas. Escolleron un conto para traballar e xogar con el: lérono, coñecérono, quixérono… ata contalo. Ademais, propuxeron diferentes actividades que, relacionadas co conto,…