A Universidade de Vigo Achégase ao Sur

O Vicerreitor de Extensión Universitaria e Relacións Internacionais da Universidade de Vigo, Manuel Fernández, inaugurou onte o primeiro obradoiro organizado dende a campaña Impórtanos! en colaboración coa UVigo titulado “Achégate ao Sur“. O obradoiro, de 15 horas de duración (computables como créditos ECTS), vai dirixido a todas aquelas persoas que están interesadas en achegarse á análise…

Comezou o curso para docentes sobre Educación para o Desenvolvemento

A concelleira delegada de políticas de benestar, igualdade e normalización lingüística, Isaura Abelairas, inaugurou onte o primeiro curso organizado dende a campaña Impórtanos! en colaboración co CFR de Vigo titulado “Os contos como recurso na Educación para a Solidariedade e o Desenvolvemento“, dirixido aos docentes de infantil e primaria. O curso pretende sensibilizar sobre a…

Contando coa Escola Infantil rúa Aragón

Na EEI Rúa Aragón xa quixeron participar en Impórtanos! no curso pasado… e non puido ser. Sen embargo, onte, non deixaron escapar a oportunidade de recibir a Bea, a contacontos, que coa maleta chea de libros, monecos e demáis trapalladas levounos con ela a pasear polo mundo, polos bosques, polos parques e casas doutros, a…

Alumnos e alumnas do Colexio Apóstol MANIFÉSTANSE contra a Pobreza

No marco das mobilizacións ao redor do Día Internacional para a Erradicación da Pobreza, alumnos e alumnas do Colexio Apóstol manifestáronse diante do noso photocall contra a privatización dos recursos naturais, a favor dunha educación que promove a transformación social, contra o desperdicio de alimentos, a favor do dereito a unha vivienda digna…

Comezan os contacontos! …no CEIP Seis do Nadal

Os nenos e nenas do CEIP Seis do Nadal tiveron recibiron hoxe a Bea Campos e os seus contos. Historias que deixan pegadas! Pegadas nos outros, pegadas na contorna, pegadas en nós mesmos… Aproveitando a literatura para traballar os contidos da aula… e pasándoo ben.  

A obra Pobreza 0,0 chega á Parroquia do Cristo da Victoria

A través dun programa de radio, con distintos gags de por medio e coa colaboración do público… Así chegou a obra “Pobreza 0,0” á parroquia do Cristo da Victoria. Toques de humor e mensaxes para a mobilización e a participación cidadá. Temas como o comercio xusto e responsable (sobre todo), a especulación financeira, a deslixitimación…

Compostando no Colexio Monterrey

Amigos da Terra levou a cabo hoxe un obradoiro sobre compostaxe para alumnos/as de 1º da ESO do CPR Monterrey. Depois de reflexionar acerca da problemática e o ciclo dos residuos e a contaminación derivada do seu procesamento, rapaces e rapazas construiron colectivamente dous composteiros artesanais. Esta actividade ademais de permitirlles achegarse ao proceso de…