O Colexio San José de la Guía visita a exposición

A exposición “Somos Migrantes” na Casa das Artes continúa acollendo visitas de persoas e grupos interesados en achegarse ás fronteiras… As alumnas do Ciclo Superior de Integración Social do Escola Colexio San José de la Guía puideron achegarse e compartir connosco a súas reflexións e impresións.  

Obradoiro no CEIP Frian Teis

Onte recibíronnos as alumnas e os alumnos de 5º do CEIP Frian Teis, un centro onde sempre somos ben recibidos e onde o alumnado ten a posibilidade real de achegarsea outras realidades de forma natural esta e outras inciativas. Nesta ocasión, a través dun obradoiro sobre os mapas, compartirmos momentos de reflexión sobre como e…

Xusto! nos IES de Vigo

Impórtanos e os IES Beade, Alexandre Bóveda, e Rosais 2 colaboran nunha experiencia piloto que ten como finalidade achegar o Comercio Xusto á comunidade educativa. O Comercio Xusto (CX) é un sistema comercial solidario e alternativo ao convencional que persegue o desenvolvemento dos pobos e a loita contra a pobreza. Neste modelo, a produción e…

Contando con vos…

Seguimos facendo memoria… Dende Impórtanos! sempre pensamos que os contos poden ser un bo recurso para motivar e achegarse á Educación para a Cidadanía Global, a Solidariedade e o Desenvolvemento. Por iso, un ano máis, ofrecémosvos sesións de contacontos coas que traballar as nosas pegadas no mundo cos nenos e nenas de Infantil. Nas sesións…

Xa está en marcha a horta ecolóxica da EEI Monte da Guía

A progresiva desaparición das hortas que ata no hai moito se localizaban nas periferias das cidades e nas zonas rurais trae consigo o descoñecemento dos procesos de produción por parte dos consumidores, o que leva á valoración dos produtos agrícolas non como alimentos senón principalmente polo seu aspecto, prezo, o seu uso inmediato… e, en…

“Comunicando Comunidades”, o documental, chega ao IES Rosais 2

Coa idea de achegar a cooperación internacional ás mozas e mozos de secundaria presentouse onte o documental gravado no Bajo Lempa (El Salvador) por voluntariado da Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (Agareso). A iniciativa encádrase no proxecto realizado en El Salvador para reducir a vulnerabilidade ante o risco de inundacións, financiado á ONGD polo Fondo…

1.300 mozas e mozos sonche toda unha Tropa!

Preto de pechar a campaña por este ano, é xa momento de ir facendo memoria porque…   Máis de 1.000 escolares de Primaria foron ver Antía, Wamba e o ritmo do camiño, o novo espectáculo da Tropa de Trapo, que estivemos connosco os días 12 e 13 de novembro no Centro Cívico de Teis. Antía…

O CEIP García Barbón únese á CME con Impórtanos!

Hoxe os alumnos de 5º e 6º de primaria do CEIP García Barbón miraron o mundo doutra forma… A campaña Impórtanos! achegou a cooperación ata 100 alumnos e alumnas do García Barbón en dous obradoiros de hora e media de duración cada un, nos que reflexionamos xuntos sobre as nosas pegadas. Foron tres horas intensas…

Apostando pola educación inclusiva dende o CEIP Paraixal

Hoxe as nenas e nenos de 5º e 6º de Primaria do CEIP Paraixal tiveron a oportunidade de pensar dunha forma diferente. Tiveron a oportunidade de pensar no mundo doutra maneira, de reflexionar sobre as desigualdades, sobre a diversidade, sobre a riqueza, o desenvolvemento, de experimentar a competición e a cooperación, de buscar alternativas e…