A Tropa de Trapo no CEIP Escultor Acuña

As nenas e nenos do CEIP Escultor Acuña coñeceron onte a Antía e Wamba. Antía é unha nena galega que vai merendar ao parque. Wamba é un mozo do Congo que vende de todo no Top Manta para poder sobrevivir. O seu encontro e as súas historias serviron para que todos eles, xuntos, puidesen achegarse…

…este conto está rematado (ou non?)

O curso co Centro de Formación e Recursos do Profesorado chegou ao seu fin. Na última semana os mestres e mestras puxeron en práctica o aprendido e levaron os seus contos ás aulas. Escolleron un conto para traballar e xogar con el: lérono, coñecérono, quixérono… ata contalo. Ademais, propuxeron diferentes actividades que, relacionadas co conto,…

Cuarta sesión na Universidade: Xénero e Desenvolvemento

Que é sexo? Que é xénero? Que significa ser home e ser muller na nosa sociedade? Nesta ocasión, Dolo Queiro, tratou de explicarnos a que responden as diferenzas, se son biolóxicas ou aprendidas, como as adquirimos, por que as reproducimos, por que as diferenzas se converten en discriminacións cara ás mulleres e como repercute isto…

Os regatos de Bembrive tamén enchen o río

Onte chegou a Tropa de Trapo ao CEIP Chans – Bembrive coa obra “Antía, Wamba  e o regato pequeno”. Nenas, nenos, mestras e mestres desfrutaron, riron, sentiron e pensaron coas historias de Brais e Marta… Historias que os levaron de África a Galicia e de Galicia a África cunha idea: os ríos énchense cos regatos…

Achegándonos ao “Desenvolvemento”

Onte tivemos a terceira sesión do curso “Achégate ao Sur” na Universidade de Vigo co título Teorías de Desenvolvemento e políticas de Cooperación Internacional. Nela, Pedro José Gómez Serrano, partindo da analise das desigualdades mundiais a través das estadísticas mundiais “en tempo real” e  enlazando coa sesión anterior, mostrounos as posibles explicacións desas desiguais relacións…

A difícil tarefa de escoller un conto dende o que traballar

A escolla dun conto vai determinar os contidos e valores que desexemos achegar aos nenos e nenas. As actividades que podemos facer na aula, os xogos, os pequenos obradoiros, pequenos traballos de investigación, materiais, obxectos para manipular, etc. dependerán tamén do conto escollido. Se non coñecemos moitos, podemos botar mán dalgunha colección ou guía de…

Os mestres e as mestras cóntannos uns contos…

A todos nos gustan os contos, as historias que nos fan vibrar e coñecer lugares apartados e marabillosos. Os cativos non son unha excepción, gozan cada vez que escoitan as palabras máxicas: Era unha vez… Cando o mestre, mestra, pai, nai ou persoa que os quere comeza o acto de contar, o tempo detense, a…

Contando contos no CEIP Frián-Teis

Aínda que expertos xa nesta materia, no CEIP Frián – Teis recibiron onte a visita de Bea Campos cos seus contos… que deixan pegada. Dende os contos escollidos, a forma de contar, a linguaxe, a expresión corporal… ata as actividades que podemos facer a través del na aula, todo está coidado na sesión para que…