A Master Class de Gabriel Tizón, todo un éxito

Compromiso coa mirada, a Master Class en fotografía social impartida por Gabriel Tizón onte 9 de outubro no Centro Cívico de Teis resultou finalmente un éxito para o público asistente, 250 alumnos e alumnas dos centros educativos de Teis, IES A Guía, Colexio S. José de A Guía e Colexio Apóstol Santiago. E dicimos “finalmente”…

Exposición da Campaña Mundial pola Educación no Aeroporto de Vigo

As Realidades dos Obxectivos de Educación Para Todos e Todas O equipo territorial de Galicia da Campaña Mundial pola Educación presenta unha nova exposición. Propoñemos unha viaxe polo mundo a través de tres lapis de cores que mostran a unidade entre nenos e nenas das máis diversas culturas e contextos.Os mesmos tres lapis percorreron decenas…

O CEIP Virxe do Rocío tamén ten unha boa Tropa…

Onte a Tropa de Trapo levou a Antía e Wamba ao CEIP Virxe do Rocío coa idea de falar de solidariedade, de cooperación, de amizade… de ríos que se enchen pouco a pouco, con pequenos regatos. Foron coa ilusión de transmitir que cooperar non é só axudar, é traballar xuntos por un mundo máis xusto…

Antía e Wamba visitan o CEIP Valle-Inclán

Antía e Wamba andaban hoxe por Lavadores… As nenas e nenos de Primaria do CEIP Valle-Inclán recibiron a visita da Tropa de Trapo que, cos seus contos, fixeron rir, cantar e mesmo bailar! a todo o auditorio. Logo haberá tempo para a reflexionar e profundar nalgún dos temas propostos, entretanto aquí tendes as fotos:

O CEIP Chans-Bembrive deixa pegadas… por un Nadal solidario

Trala presentación da Tropa de Trapo, unha das actividades que realizaron os alumnos e alumnas do CEIP Chans-Bembrive foron estas pegadas… para lembrar o que cada un  de nos pode aportar por un Nadal solidario. Tamen fixeron unha pequena recompilación  de debuxos e contos para Antía e Wamba que teñen na Biblioteca. Xente con pegada!…

Sete colexios, ONGDs e toda a Tropa participan nos actos da Irmandade Galicia-Cabo Cabo Verde en Vigo

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade promove a Irmandade Galicia-Cabo Verde coa visita dunha delegación procedente do arquipélago africano para visibilizar os proxectos de desenvolvemento apoiados nos últimos once anos e tamén sensibilizar á cidadanía e aos representantes políticos sobre as desigualdades entre os países do Norte e do Sur, nun exercicio de transparencia…

Unha Tropa no Colexio Losada

Onte tamén tivemos actuación da Tropa de Trapo. Nesta ocasión, Antía e Wamba chegaron ao Colexio Losada co seu espectáculo e as súas historias para facer as delicias das nenas e nenos e tentar deixar pequenas pegadas… fomentando o pensamento crítico  e o respecto polos demais. Unha labor que lle toca continuar agora aos seus…

Contos no CEIP Párroco D. Camilo

  Hoxe, as nenas e nenos do CEIP Párroco D. Camilo desfrutaron dunha sesión con Bea Campos e os seus contos…   Sesión na que deu tempo a contar, entre outros, os xa clásicos da campaña como: Xaime e as Landras, O poliño da abeleira e Pequeno azul e pequeno amarelo.     A través deles…

Rematamos o obradoiro Achégate ao Sur… participando

É posible cambiar as cousas dende a nosa realidade cotiá? Que podemos facer? Este módulo quixo facer un convite aos participantes do obradoiro para que, unha vez feito o percorrido polo resto das sesións, poidan achegarse ás alternativas de cambio e as posibilidades de implicación persoal e colectiva que pode haber no seu ámbito máis…