Rematamos os contos con pegada

Coa sesión “Pegadas de conto” tratamos de achegar os contidos e enfoques da Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global ao alumnado de Infantil e primeiro ciclo de Primaria. É unha das actividades de éxito da campaña Impórtanos dende as primeiras edicións e na nosa proposta de traballo, Bea Campos conta varios contos seleccionados…

Smartes de verán

Logo da primeira edición de Smartes de Verán, neste 2019 colaboramos co festival de cine sobre desenvolvemento sostible de Madrid Another Way Film Festival (AWFF), un dos festivais emerxentes de maior calidade. A alianza co AWFF concretouse na proxección das tres películas premiadas na edición de outubro de 2018: Anote,s Ark When lambs become lions…

Xaime e as landras

Contidos a traballar durante a actividade Coñecemento do medio. Posta en valor do carballo como especie autóctona en Galicia e a súa importancia cultural, así como as carballeiras e as zonas verdes máis próximas. Observación dun ser vivo reproducindo o seu medio natural nunha maceta. Reflexión sobre os cambios nos procesos de crecemento e etapas…

A Banda de Vilacendoi

Vilacendoi non é un nome ficticio. Este lugar existe e está situado a poucos quilómetros de Lugo, na beira do Miño. Esta pequena aldea está formada por un reducido grupo de casas labregas, típicas da bisbarra. En moitas desas vivendas pode que aínda se garden os instrumentos da banda de música local, que tamén existiu….

Pequeno azul, pequeno amarelo

Contidos a traballar durante á actividade • Coñecemento e posta en valor dos albumes ilustrados. • Representacións abstractas. • Identificación de sentimentos e emocións de pequeno azul e pequeno amarelo. • Expresión plástica. • Coñecemento das cores primarias e secundarias. • Posta en valor e respecto do diferente. • A pegada que deixamos nas persoas…

Os de arriba e os de abaixo

Existen dous tipos de habitantes: os de arriba e os de abaixo. Os de arriba viven igual que os de abaixo. E os de abaixo viven igual que os de arriba, pero ao revés… Temática: a relación entre os habitantes de dous mundos paralelos que transcorren arriba e abaixo Para traballar EpD: interdependencia, globalidade, corresponsabilidade…