O CEIP Virxe do Rocío tamén ten unha boa Tropa…

Onte a Tropa de Trapo levou a Antía e Wamba ao CEIP Virxe do Rocío coa idea de falar de solidariedade, de cooperación, de amizade… de ríos que se enchen pouco a pouco, con pequenos regatos. Foron coa ilusión de transmitir que cooperar non é só axudar, é traballar xuntos por un mundo máis xusto…

Antía e Wamba visitan o CEIP Valle-Inclán

Antía e Wamba andaban hoxe por Lavadores… As nenas e nenos de Primaria do CEIP Valle-Inclán recibiron a visita da Tropa de Trapo que, cos seus contos, fixeron rir, cantar e mesmo bailar! a todo o auditorio. Logo haberá tempo para a reflexionar e profundar nalgún dos temas propostos, entretanto aquí tendes as fotos:

Sete colexios, ONGDs e toda a Tropa participan nos actos da Irmandade Galicia-Cabo Cabo Verde en Vigo

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade promove a Irmandade Galicia-Cabo Verde coa visita dunha delegación procedente do arquipélago africano para visibilizar os proxectos de desenvolvemento apoiados nos últimos once anos e tamén sensibilizar á cidadanía e aos representantes políticos sobre as desigualdades entre os países do Norte e do Sur, nun exercicio de transparencia…

Unha Tropa no Colexio Losada

Onte tamén tivemos actuación da Tropa de Trapo. Nesta ocasión, Antía e Wamba chegaron ao Colexio Losada co seu espectáculo e as súas historias para facer as delicias das nenas e nenos e tentar deixar pequenas pegadas… fomentando o pensamento crítico  e o respecto polos demais. Unha labor que lle toca continuar agora aos seus…

Antía e Wamba no CEIP García Barbón

Unha carreira, un tropezo e un bocadillo… Deste xeito os alumnos e alumnas do CEIP García Barbón quedaron onte prendados da historia de Antía e Wamba escoitando e participando nese momento de compartir, de escoitar, de abrir os ollos… Non se lles escapou nada… e a batería de reciclaxe causou verdadeiro furor. Aquí tendes algunhas…

A Tropa de Trapo no CEIP Escultor Acuña

As nenas e nenos do CEIP Escultor Acuña coñeceron onte a Antía e Wamba. Antía é unha nena galega que vai merendar ao parque. Wamba é un mozo do Congo que vende de todo no Top Manta para poder sobrevivir. O seu encontro e as súas historias serviron para que todos eles, xuntos, puidesen achegarse…

A Tropa no Colexio Montesol

Onte tivemos unha nova actuación da Tropa de Trapo no Colexio Montesol, onde Antía e Wamba chegaron co seu espectáculo e as súas historias para facer as delicias das nenas e nenos e tentar deixar pequenas pegadas… Reflexións que logo continuarán, profundando nalgún dos temas propostos, cos seus mestres e mestras. De momento aquí tendes…

Os regatos de Bembrive tamén enchen o río

Onte chegou a Tropa de Trapo ao CEIP Chans – Bembrive coa obra “Antía, Wamba  e o regato pequeno”. Nenas, nenos, mestras e mestres desfrutaron, riron, sentiron e pensaron coas historias de Brais e Marta… Historias que os levaron de África a Galicia e de Galicia a África cunha idea: os ríos énchense cos regatos…

Antía e Wamba chegan ao CEIP Carballal-Cabral

Catro historias que falan de África e de Europa, do que nos sobra e do que nos falta, de compartir de verdade, de valorar o importante, de rir, de mirar con esperanza ao futuro … Contos para bailar e cantar, para xogar, pero tamén para sentir e pensar. Todo fiado coa voz de Wamba e…