Obradoiros 2017

Obradoiros con Pegada    No 2017 fixéronse obradoiros para o alumnado de Primaria e Secundaria co obxectivo de presentar a campaña e reflexionar sobre a sustentabilidade e as desigualdades mundiais. En marzo tivemos un obradoiro cos grupos de 5º e 6º de Primaria no Colexio Possumus que logo irían ao teatro da Tropa de Trapo…

Obradoiros sobre cousas pequenas para cambiar o mundo

Obradoiros Cambia a túa mirada para cambiar o mundo!   A Campaña Impórtanos enmárcase na Educación para a Cidadanía Global, que supón unha aposta por unha sociedade máis xusta e sustentable que, nese sentido, afecta directamente a un dos mecanismos fundamentais na reprodución (ou transformación) do modelo social, como o é a educación.   A…

Obradoiros nos IES A Guía e IES Beade

en Beade… tivemos tres sesións a cargo de Gingko, centradas nas migracións, que finalizaron coa elaboración dunha serie de produtos dixitais… Esas reflexións uníronse máis tarde ás expostas xunto coa exposición Somos Migrantes. e no IES A Guía… Neste último trimestre do curso 15/16 fixemos de novo un ciclo de obradoiros no IES A Guía,…

Obradoiro no CEIP Frian Teis

Onte recibíronnos as alumnas e os alumnos de 5º do CEIP Frian Teis, un centro onde sempre somos ben recibidos e onde o alumnado ten a posibilidade real de achegarsea outras realidades de forma natural esta e outras inciativas. Nesta ocasión, a través dun obradoiro sobre os mapas, compartirmos momentos de reflexión sobre como e…

Xa está en marcha a horta ecolóxica da EEI Monte da Guía

A progresiva desaparición das hortas que ata no hai moito se localizaban nas periferias das cidades e nas zonas rurais trae consigo o descoñecemento dos procesos de produción por parte dos consumidores, o que leva á valoración dos produtos agrícolas non como alimentos senón principalmente polo seu aspecto, prezo, o seu uso inmediato… e, en…

“Comunicando Comunidades”, o documental, chega ao IES Rosais 2

Coa idea de achegar a cooperación internacional ás mozas e mozos de secundaria presentouse onte o documental gravado no Bajo Lempa (El Salvador) por voluntariado da Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (Agareso). A iniciativa encádrase no proxecto realizado en El Salvador para reducir a vulnerabilidade ante o risco de inundacións, financiado á ONGD polo Fondo…

Obradoiros que deixan pegada

Dende Impórtanos organizamos distintos obradoiros para achegarnos ás nosas pegadas. Pegadas que deixamos na nosa contorna, no económico, no social e no cultural.  Os obradoiros van dirixidos principalmente ao alumnado do último ciclo de Primaria e Secundaria e neles reflexionaremos colectivamente sobre o contexto da cidadanía global, visualizando a desigualdade mundial e reflexionando sobre as…

O CEIP García Barbón únese á CME con Impórtanos!

Hoxe os alumnos de 5º e 6º de primaria do CEIP García Barbón miraron o mundo doutra forma… A campaña Impórtanos! achegou a cooperación ata 100 alumnos e alumnas do García Barbón en dous obradoiros de hora e media de duración cada un, nos que reflexionamos xuntos sobre as nosas pegadas. Foron tres horas intensas…

Apostando pola educación inclusiva dende o CEIP Paraixal

Hoxe as nenas e nenos de 5º e 6º de Primaria do CEIP Paraixal tiveron a oportunidade de pensar dunha forma diferente. Tiveron a oportunidade de pensar no mundo doutra maneira, de reflexionar sobre as desigualdades, sobre a diversidade, sobre a riqueza, o desenvolvemento, de experimentar a competición e a cooperación, de buscar alternativas e…

O CEIP Carballal – Cabral a favor da Educación Inclusiva

A Campaña Mundial pola Educación (www.cme-espana.org) é unha coalición internacional de ONG’s, sindicatos educativos, centros de ensinanza e movementos sociais de todo tipo comprometidos co Dereito á educación que nace en 1999 coa finalidade de esixir aos Gobernos o cumprimento do dereito á  educación de todas as persoas, reflectíndoo en practicamente todas as Declaracións, Foros…