Rematamos o obradoiro Achégate ao Sur… participando

É posible cambiar as cousas dende a nosa realidade cotiá? Que podemos facer? Este módulo quixo facer un convite aos participantes do obradoiro para que, unha vez feito o percorrido polo resto das sesións, poidan achegarse ás alternativas de cambio e as posibilidades de implicación persoal e colectiva que pode haber no seu ámbito máis…

…este conto está rematado (ou non?)

O curso co Centro de Formación e Recursos do Profesorado chegou ao seu fin. Na última semana os mestres e mestras puxeron en práctica o aprendido e levaron os seus contos ás aulas. Escolleron un conto para traballar e xogar con el: lérono, coñecérono, quixérono… ata contalo. Ademais, propuxeron diferentes actividades que, relacionadas co conto,…

Cuarta sesión na Universidade: Xénero e Desenvolvemento

Que é sexo? Que é xénero? Que significa ser home e ser muller na nosa sociedade? Nesta ocasión, Dolo Queiro, tratou de explicarnos a que responden as diferenzas, se son biolóxicas ou aprendidas, como as adquirimos, por que as reproducimos, por que as diferenzas se converten en discriminacións cara ás mulleres e como repercute isto…

Achegándonos ao “Desenvolvemento”

Onte tivemos a terceira sesión do curso “Achégate ao Sur” na Universidade de Vigo co título Teorías de Desenvolvemento e políticas de Cooperación Internacional. Nela, Pedro José Gómez Serrano, partindo da analise das desigualdades mundiais a través das estadísticas mundiais “en tempo real” e  enlazando coa sesión anterior, mostrounos as posibles explicacións desas desiguais relacións…

A difícil tarefa de escoller un conto dende o que traballar

A escolla dun conto vai determinar os contidos e valores que desexemos achegar aos nenos e nenas. As actividades que podemos facer na aula, os xogos, os pequenos obradoiros, pequenos traballos de investigación, materiais, obxectos para manipular, etc. dependerán tamén do conto escollido. Se non coñecemos moitos, podemos botar mán dalgunha colección ou guía de…

Os mestres e as mestras cóntannos uns contos…

A todos nos gustan os contos, as historias que nos fan vibrar e coñecer lugares apartados e marabillosos. Os cativos non son unha excepción, gozan cada vez que escoitan as palabras máxicas: Era unha vez… Cando o mestre, mestra, pai, nai ou persoa que os quere comeza o acto de contar, o tempo detense, a…

Análise das desigualdades Norte – Sur na Universidade de Vigo

Que está a pasar no mundo? Onte, con Gonzalo Gesto (Panxea), achegámonos ás desigualdades económicas e sociais do mundo no que vivimos analizando a distribución da riqueza no mundo, as súas características e causas así como os mecanismos que fomentan ou reproducen as desigualdades. Vivimos nun mundo de contrastes. Un mundo de enormes contradicións onde…

A Universidade de Vigo Achégase ao Sur

O Vicerreitor de Extensión Universitaria e Relacións Internacionais da Universidade de Vigo, Manuel Fernández, inaugurou onte o primeiro obradoiro organizado dende a campaña Impórtanos! en colaboración coa UVigo titulado “Achégate ao Sur“. O obradoiro, de 15 horas de duración (computables como créditos ECTS), vai dirixido a todas aquelas persoas que están interesadas en achegarse á análise…