Camiño á escola

Categorias: Bacharelato,Oferta de actividades,Primaria,Secundaria

Un espectáculo cheo de esperanza, de humor, de amor, de pequenas loitas posibles e de grandes soños no horizonte.

A película dirixida por Pascal Plisson, gran triunfadora dos premios César 2014 na categoría Documental e distribuída en España por ABORDAR, describe a viaxe que emprenden tres nenos e unha nena de entre 11 e 13 anos de lugares remotos do mundo para chegar á escola.

Catro historias reais que nos somerxen na cotianidade sen igual de catro mozos que afrontan diariamente unha multitude de desafíos para poder ter acceso a unha educación e aspirar a unha vida mellor e máis plena.

A película conta co apoio dos principais fondos e entes da Organización das Nacións Unidas (ONU) dedicados á infancia e a cultura, UNICEF e UNESCO, respectivamente. Un apoio internacional que recoñece o valor humano, pedagóxico e cultural dunha longametraxe apta para todos os públicos, e especialmente dirixida aos máis pequenos.

Máis alá da película

O documental “Camino a la escuela” forma parte dun proxecto educativo e social máis amplo que pretende concienciar da importancia da educación para as xeracións futuras, así como facilitar o acceso a ela a todos os nenos e nenas do planeta.

O obxectivo do proxecto educativo, para alumnado de entre 6 e 16 anos, consiste en xerar debate sobre cuestións que a película aborda como o descubrimento de novas culturas, a importancia da educación, a solidariedade ou a discriminación entres sexos.

A asistencia á proxección implica un compromiso de traballo antes e despois do visionado.

Cartel_CAMINO_A_LA_ESCUELA

 

Os días 20 e 22 de outubro de 2015
no Auditorio do Concello de Vigo

Para alumnado dos últimos ciclos de Primaria, Secundaria e Bacharelato.

Sesións ás 12:00

Duración  75 min.

Gratuíto. Prazas limitadas!

Se o teu centro educativo está interesado en levar un grupo,  escríbenos ao correo importanos@importanos.org

 

máis info sobre a película

Deixa unha resposta