Camino á escola… da man de Impórtanos e a Universidade de Vigo

Etiquetas: , ,

Categorias: Cine,EVENTOS,NOVAS DE INTERESE

Cerca de 100 persoas asistiron ao pase da película “Camino a la escuela” que a campaña Impórtanos e a Vicerreitoría de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo organizaron este mércores 14 de outubro ás 11:00 no salón de actos da Escola de Enseñería Industrial da rúa Torrecedeira nº 86.

Cartel_CAMINO_A_LA_ESCUELA

“Camino a la escuela” (gran triunfadora dos premios César 2014 na categoría Documental) describe a viaxe que emprenden tres nenos e unha nena de entre 11 e 13 anos de lugares remotos do mundo para chegar á escola. Catro historias reais que nos somerxen na cotianidade sen igual de catro mozos que afrontan diariamente unha multitude de desafíos para poder ter acceso a unha educación e aspirar a unha vida mellor e máis plena.

 

Unha película que conta co apoio dos principais fondos e entes da Organización das Nacións Unidas (ONU) dedicados á infancia e a cultura, UNICEF e UNESCO, respectivamente. Un apoio internacional que recoñece o valor humano, pedagóxico e cultural dunha longametraxe apta para todos os públicos.

 

Máis alá da película

O documental “Camino a la escuela” forma parte dun proxecto educativo e social máis amplo que pretende concienciar da importancia da educación para as xeracións futuras, así como facilitar o acceso a ela a todos os nenos e nenas do planeta.

Cuestións como o descubrimento de novas culturas, a importancia da educación, a solidariedade ou a discriminación entres sexos quedarán para o debate e a reflexión dos asistentes, entre os que se atopaba alumnado do IES Politécnico e da escola de Maxisterio…

 

Deixa unha resposta