Aproveitando as pegadas dos contos… a favor dunha educación inclusiva

Etiquetas: , ,

Categorias: Centros participantes,Contacontos,Contacontos como recurso na EpD,Cursos,XENTE CON PEGADA

Baixo o lema “Sumemos capacidades. Polo dereito a unha educación inclusiva“, a Campaña Mundial pola Educación (www.cme-espana.org) reivindica en todo o mundo o dereito de nenos e nenas con necesidades educativas especiais a recibir unha educación de calidade, sen discriminación e sobre a base da igualdade de oportunidades, tal e como queda reflectido na Convención sobre os Dereitos das Persoas con Minusvalía.

Ademais, pon de manifesto o valor que a educación inclusiva achega a toda a sociedade no seu conxunto, xa que reduce os niveis de pobreza e favorece o desenvolvemento.

Con este motivo, mestras da Escola Infantil Vilalaura, da Escola Infantil Cristo da Victoria e do CEIP Chans – Bembrive, asistentes curso de novembro pasado no CFR Vigo, tiveron hoxe unha sesión de traballo na que puideron revisar e expoñer as suas experiencias cos contos e explorar as novas propostas de Bea Campos para traballar a Campaña Mundial pola Educación.

aquí tendes as propostas

Coma sempre, unha sesión moi proveitosa…

 

Deixa unha resposta