Chegou “Antía, Wamba e o Regato Pequeno”

Etiquetas:

Categorias: Centros participantes,EVENTOS,Teatro,XENTE CON PEGADA

Antía é unha nena que vai merendar ao parque. Wamba é un mozo de Congo que vende de todo no Top Manta para poder sobrevivir. Unha carreira, un tropezo e un bocadillo van unir as súas vidas e van compartir o que nese momento levan enriba: Antía, a súa merenda, e Wamba, as súas historias.

Aquí tendes as fotografías da representación da obra “Antía, Wamba e o Regato Pequeno” da Tropa de Trapo.

Onte no Auditorio do Concello de Vigo, preto de 350 persoas desfrutaron deste fermoso, divertido e didáctico espectáculo que sobre todo fixo as delicias dos máis cativos.

 

 

Deixa unha resposta