Análise das desigualdades Norte – Sur na Universidade de Vigo

Etiquetas:

Categorias: Achégate ao Sur,Cursos,EVENTOS,NOVAS DE INTERESE,XENTE CON PEGADA

Que está a pasar no mundo?

Onte, con Gonzalo Gesto (Panxea), achegámonos ás desigualdades económicas e sociais do mundo no que vivimos analizando a distribución da riqueza no mundo, as súas características e causas así como os mecanismos que fomentan ou reproducen as desigualdades.

Vivimos nun mundo de contrastes. Un mundo de enormes contradicións onde se dan grandes progresos e enormes déficits. Un mundo desigual que ten rostros, nomes e apelidos.

Pero… é posible erradicar a pobreza? Cales son os signos de Esperanza?

Falamos de falta de vontade política, da necesidade de regras comerciais transparentes e xustas para todos, da pobreza que xenera o noso benestar, da educación como elemento transformador das mentes e das estruturas inxustas… pero tamén de comercio xusto, de banca ética…

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Deixa unha resposta