“Achégate ao Sur” na Universidade de Vigo

Etiquetas:

Categorias: Achégate ao Sur,Cursos,EVENTOS,NOVAS DE INTERESE

Aberto o plazo de inscripción para o obradoiro de formación para o desenvolvemento, “Achégate ao Sur”.

Dirixido a todas aquelas persoas que están interesadas en achegarse á análise das causas da pobreza; desexan ter un coñecemento máis amplo das relacións de desigualdade entre Norte e Sur; coñecer as propostas de cambio; potenciar o encontro intercultural; adquirir unha visión crítica da nosa realidade social e realizar prácticas solidarias.

O obradoiro ten unha duración de 15 horas (computables para créditos ECTS pola Universidade de Vigo) distribuídas en 5 sesións os días 6, 13, 22 e 27 de novembro e o 4 de decembro de 2013, sempre en horario de 17 a 20h.

Impartirase na aula 33 da Escola Universitaria de Estudos Empresariais de Vigo, rúa Torrecedeira nº 105.

A matrícula é gratuíta e podedes inscribirvos xa, na plataforma Bubela da Universidade de Vigo.

Descarga o programa Inscríbete

Deixa unha resposta