Aberto o prazo de inscricións para o curso Achégate ao Sur 2017

Categorias: Achégate ao Sur,Adultos,Cursos,Oferta de actividades

Achégate e descobre as ferramentas para interpretar algúns acontecimientos sociais e outras pistas para un modelo de vida sostible…

Buscaremos as claves que constrúen o noso punto de vista, que condicionan a nosa idea de “como son as cousas”… para logo analizar as desigualdades económicas e sociais do mundo que habitamos e profundar sobre que é e que non é desenvolvemento,  con sesións participativas que pretenden partir da experiencia para reflexionar sobre cada tema concreto e motivar a acción.

Con:

  • Tempo de Loaira, S. Coop. Galega
  • Roi Guitián e María Lobo (Gingko.gal)
  • Virginia Romero Sobral
  • Antón Lois (Amigos da Terra)
  • Mari Fidalgo
  • Nicolás Castellano (Periodista Cadena SER)
  • Isa Álvarez
  • Xosé Cuns Traba (Director EAPN Galicia)
  • Fernando Cembranos (Ecologistas en Acción)

A que esperas?

Programa e inscricións

O obradoiro está organizado por Impórtanos! coa Vicerreitoría de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo e financiado polo Concello de Vigo e a Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea (Xunta de Galicia)

  •  Duración: 30 horas (computables para créditos ECTS pola Universidade de Vigo) distribuídas en sete sesións de traballo de 3 horas de duración e tres conferencias en aberto (de 2h aproximadamente) máis 3h de traballo non presencial.
  •  Calendario: Todos os xoves do 28 de setembro ao 14 de decembro de 2017 (horario das sesións ordinarias de 17:00 a 20:00 horas, horario das sesións en aberto de 19:00 a 21:00 horas).
  •  Lugar: Sesións ordinarias no Centro Local de Emprego e das Ocupacións, rúa Oporto nº 1 (sala multimedia, 2º andar). Sesións en aberto no Auditorio do edificio Arenal (esquina rúas Areal e Oporto).

A matrícula é gratuíta e podedes inscribirvos xa!

 

Deixa unha resposta