Achegándonos ao Sur… un obradoiro con máis preguntas que respostas

Etiquetas:

Categorias: Achégate ao Sur,Cursos,EVENTOS

Seguimos facendo memoria

Porque un ano máis Impórtanos organizou xunto co Vicerreitorado de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo o obradoiro “Achégate ao Sur”, un obradoiro gratuíto de 15 horas (computables para créditos ECTS) distribuídas en 5 sesións celebradas todos os xoves do mes de outubro de 2014 na Escola Universitaria de Estudos Empresariais de Vigo, na rúa Torrecedeira nº 105.

Un obradoiro que non pretendía ser máis que un espazo no que lanzar unha mirada ampla, global (o que non significa neutral) e crítica con todo aquelo que nos rodea. Un espazo no que máis que respostas propuxemos preguntas que, aínda que moitas delas no son cuestións novas, non por iso deixan de ser necesarias e urxentes.

Para acompañarnos no camiño tivemos a sorte de contar con Estíbaliz Táboas, Laura Doval, Xose Luis Pastoriza, Carlos Teijo, Paz Caínzos e Xosé Cuns.

Persoas, medioambiente, culturas, institucións… en diferentes graos e formas, necesitan coidados e mencionar este asunto fainos poñer de relevo a interdependencia das sociedades e das persoas.  O noso posicionamento individual é unha oportunidade para exercer unha cidadanía responsable, unha cidadanía desperta, forte e comprometida.

Están en xogo a inclusión e a dignidade das persoas, a democracia e os dereitos humanos, a sostibilidade do planeta… E por iso temos que comenzar a descubrir estas realidades e tomar conciencia… e unha boa forma de comezar é achegándose ao Sur.

Continuaremos.

Aquí podes ver o programa do obradoiro

E a continuación algunhas fotos das sesións:

Deixa unha resposta