Achegándonos ao “Desenvolvemento”

Etiquetas:

Categorias: Achégate ao Sur,Cursos,EVENTOS,NOVAS DE INTERESE,XENTE CON PEGADA

Onte tivemos a terceira sesión do curso “Achégate ao Sur” na Universidade de Vigo co título Teorías de Desenvolvemento e políticas de Cooperación Internacional.

Nela, Pedro José Gómez Serrano, partindo da analise das desigualdades mundiais a través das estadísticas mundiais “en tempo real” e  enlazando coa sesión anterior, mostrounos as posibles explicacións desas desiguais relacións entre as sociedades do Norte e do Sur que van dende os factores púramente aleatorios, pasando polos comportamentos dos propios afectados e os mecanismos do sistema económico capitalista ata a distribución e exercicio asimétrico do poder coas normas e prácticas pouco equitativas as que nos teñen acostumados os organismos internacionais.

Logo, na segunda parte da sesión introduciunos nun concepto que, desde o noso punto de vista (como traballamos desde a primeira sesión), temos aparentemente claro: o Desenvolvemento.

Como puidemos analizar trátase dun concepto inevitablemente vinculado coa idea occidental de crecemento “continuado, liñal e acumulativo”… Unha forma de entender o desenvolvemento que non resulta tan “natural” noutras culturas (como p.e. a oriental).

En definitiva, unha sesión fundamental para achegarnos, un pouquiño máis, ao Sur.

 

 

Deixa unha resposta